Outros proxectos eTwinning do mesmo mestre , Carlos .
A experiencia docente que tiven nos diversos proxectos do CEIP GRAXAL, enriquecedora a nivel académico , sustanciosa a nivel pedagóxico e diversa a nivel persoal e segundo a gratificante diversidade da comunidade educativa daquela época , permitiume mellorar as destrezas de traballo na plataforma Erasmus-eTwinningDespois de deixar ese centro educativo tiven a fortuna de traballar como MENTOR DA EMBAIXADA ETWINNING DE GALICIA asesorando e axudando a compañeiros e compañeiras que se iniciaban nesta plataforma.
Diversos proxectos eTwinning realizados posteriormente foron cimentando e sementando aprendizaxes e, finalmente, un proxecto con Selo de Calidade Nacional e posteriormente o SELO DE CALIDADE EUROPEO concedido na miña estancia no CEIP MONTEL TOUZET , e contando cunha colaboración de calidade 10 para pais e profesores e de matricula de honra para o sensacional grupo alumnos de 5º de primaria do curso 2016/7 , que supuxo a culminación de moitos anos de traballo.
Aquí quedan os enlaces aos proxectos eTwinning feitos despois do meu enriquecedor e interesante periplo polo CEIP GRAXAL DE CAMBRE .
*** PROXECTO GALARDONADO CO SELO DE CALIDADE NACIONAL ** "THE WEATHER THAT WE WATCH"** Curso 2016/17
CURSO 2011/12. PROXECTO CHILDREN´S DRAWINGS ALBUM
CURSO 2014/15. PROXECTO CHRISTMAS CARDS
CURSO 2015/16. PROXECTO THE WATER OF OUR RIVERS
CURSO 2011/12. PROXECTO CHILDREN´S DRAWINGS ALBUM
CURSO 2014/15. PROXECTO CHRISTMAS CARDS
CURSO 2015/16. PROXECTO THE WATER OF OUR RIVERS